«Unha sociedade que respecta aos seus maiores, debe respectar tamén a quen os coida»

Por Patricia Pampillón.

Gustaríame comezar este artigo agradecendo a oportunidade de mostrar o orgullo que sinto de traballar no que traballo e ser o que son: Auxiliar de Axuda no Fogar.


E un traballo que precisa de sensibilidade, humanidade e moita empatía e vocación . Un labor moi gratificante, xa que non hai maior pracer que axudar a quen no seu día o deu todo por nós, apoiándoos de xeito axudándolles a que poidan seguir levando as súas rutinas do día a día nas suas tarefas de aseo ou mobilidade e, se fose preciso, suplindo a imposibilidade de facer os seus labores do fogar. Tamén é importante o apoio psicolóxico conversando con eles, restándolle importancia ás suas inquedanzas e dándolles agarimo e moita comprensión.


É un traballo moi gratificante no humano e no emocional,pero moi pouco coñecido para a sociedade en xeral que normalmente nos confunde co persoal de limpeza doméstica ou persoal, sen saber nen molestarse a ver máis aló de iso.


Fomos un sector esencial nesta pandemia mantendo sempre o noso importante labor durante o confinamento, sen parar de acudir a atender ás/os nosas/os usuarias/os e tendo que conxugar o noso traballo coa extra de tranquilizar e restar importancia a toda a alarma xerada, que tanto os perturbaba, tendo que deixar na porta os nosos medos e inseguridades, o noso nerviosismo e medo a contaxiarnos nós, contaxiar aos nosos dependentes e ás nosas familias. E a todo isto temos que sumarlle a falta de medios, sendo conxuntamente cos sanitarios o sector con maior numero de contaxios e crecendo de forma brutal a nosa situación de precariedade.


Agradécense as homenaxes públicas con recoñecemento ao noso labor. Quedan moi ben cara a galeria pero de nada sirven se non van acompañados de feitos que os avalen.


Aínda que durante a pandemia fomos esenciais, á hora da vacunacion estabamos nos ultimos lugares de prioridade para a mesma conseguindo con reclamacions públicas e actos que se nos dese prioridade.


Pasaron os momentos de medo e incertidume e pouco a pouco imos voltando á “normalidade», o que para nós, o persoal do SAF, se traduce el precariedade, explotación laboral e desatención aos nosos dereitos e melloras laborais . Incumprindo as empresas do sector dereitos básicos como pode ser a suba salarial anual en relación co IPC, que teórica e legalmente deberían cumprir según a lexislación e convenios vixentes.


Volve a estar presente no ambiente de moitos concellos a idea de que o Servizo de Axuda no Fogar sexa directamente un servicio municipal, pero alegando imposibilidades de varios tipos se volta a apagar ese debate que para nada convén ás empresas que os ofertan, co conseguinte beneficio.


Xurde con forza e a raíz de toda esa “onda” de recoñecementos e boas palabras, a reclamación que dende hai xa anos o noso sector e ás empregadas que pertencemos ao mesmo vimos facendo: a RENOVACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO que leva sendo prorrogado dende o 2011, sendo xa esta data xa froito dunha prorroga do convenio asinado no 2009.


Neste sentido cabe destacar que varios concellos aprobaron nas súas sesions plenarias o apoio a esta reclamación, pero as empresas que ofrecen estes servicios nos diferentes SAF únicamente respostan con largas, sen poñerse nen sequera dacordo en quen ou cales se van asociar para sentarse na Mesa de Negociación, deixando pasar o tempo… cousa que claramente os beneficia e segue aumentando a nosa precariedade. Este abuso e burla da Patronal hacia as auxiliares que diariamente saímos a defender o seu “nome» cara as/os nosas/os usuarias/os e familias, demostrando a nosa profesionalidade e adicacion completas.


A administración que deberia defendernos non so o SAF, senón tamen aos servizos que ofrecemos, que é a XUNTA, responde co seu silencio e lavándose as mans e vendo para o outro lado demostrándolle mais ben pouco a nosa situación tan precaria e de abandono.


As Auxiliares de Axuda no Fogar estamos xa fartas e moi cansas de que se menosprecie o noso labor e se tente menospreciar poñéndonos no último escalafón dos empregos e tratándonos como último recurso laboral. Somos persoal cualificado e profesionais que para desenvolver a nosa profesión e vocación debemos ter coñecementos e estudos que avalen a nosa capacidade POLO BENESTAR E SEGURIDADE DAS/OS DEPENDENTES QUE TRATAMOS. Non somos culpables se se incumpre a obligatoriedade desta cualificación. Nós non contratamos nen xestionamos, e se as administracions que deben controlalo fan a vista gorda nun tema tan importante, serán quen deba asumir ese gran erro.


Sentímonos homenaxeadas, agradecemos os recoñecementos públicos e o apoio ás nosas peticions. Pero do mesmo xeito que nós estivemos á altura nos momentos difíciles e tratamos ás/os nosas/os usuarias/os con profesionalidade, respecto e agarimo, é de xustiza que as autoridades e administracions o agradezan cun Convenio Colectivo que se axuste á actualidade: coa actualización de soldos ao IPC, melloras nas nosas condicións laborais, nos métodos de prevención e seguridade laboral e tamén que contribúa a que a sociedade recoñeza un pouco mais o noso traballo e este consiga o respeto da mesma.


UNHA SOCIEDADE QUE COIDA E RESPECTA AOS SEUS MAIORES DEBE FACELO TAMÉN CON QUEN VELAMOS POLA SUA SEGURIDADE E BENESTAR CONXUNTAMENTE COAS SUAS FAMILIAS.

Un comentario en ««Unha sociedade que respecta aos seus maiores, debe respectar tamén a quen os coida»»

  1. Pampi,segundo ti estamos explotadas ,precarizados.vai traballar na limpieza que foi tan importante o seu traballo coma o noso. EU ceño dunha delas e si hoxe soubese que Ia estar nuestras condicións houvera vido antes.Que ai que millorar cousas é certo pero todo leva seu tempo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

- Responsable de datos: Cristina Atanes Andrés

- Finalidad: responder dudas y puntualmente envío por mail de noticias y ofertas

- Legitimación: tu consentimiento expreso

- Destinatario: lista de suscriptores alojada en sondolouro.com

- Derechos: acceso, rectificación, supresión, anonimato, portabilidad y olvido de tus datos

Scroll hacia arriba