O xulgado de Instrución número 1 do Porriño, investiga o tráxico sinistro de circulación no que faleceron unha muller e os seus dous fillos menores en Salceda de Caselas. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xulgado abriu unha causa por posible homicidio por imprudencia grave.
Con todo, está pendente da práctica de dilixencias, que será fundamental á hora de determinar a cualificación dos feitos, confirmaron as mesmas fontes. O suceso produciuse na noite do venres na PO-510 por unha colisión frontral entre dous coches.