Tres persoas perderon a vida hoxe nun accidente frontal entre dous turismos que circulaban pola PO-510, no tramo que une Salceda de Caselas con Salvaterra do Miño, concretamente no desvío de A Picoña e Parderrubias (km 6). O turismo no que viaxaban as vítimas, unha muller e os seus dous fillos -de uns 6 e 13 anos de idade- e veciños de Salvaterra, colisionou frontalmente con outro cuxo conductor está ferido grave.
O sinistro tivo lugar pasadas as 22 h e de contado se desprazaban ao lugar a Policía Local de Salceda, Bombeiros do Baixo Miño e o persoal de emerxencias. O vial está cortado ao tránsito e polo momento descoñécense as causas do suceso.