Entre as actividades previstas estará o I Concurso de Disfraces de Entroido co que dende a Concellería de Cultura animan á veciñanza a disfrazarse nas súas casas e non perder o espírito do entroido. Para participar será necesario que as persoas interesadas envíen unha fotografía por enderezo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou por Whatsapp ao número 675232832.
Estableceranse tres categorías para os premios, individual, convivintes e votación popular, que contarán como premio un vale de compra de 100€ para consumir nos establecementos do comercio local adheridos a ACISA (Asociación de comerciantes e industriais de Salceda). O xurado estará composto por representantes dos entroidos históricos da Feira e do Barreiro e polo técnico municipal de mocidade.
A programación completarase con varias actividades virtuais, como diferentes obradoiros dirixidos á poboación infantil que se farán públicos nos vindeiros días, ademais de mostras de fotografías e vídeos dos entroidos de edicións pasadas.
Mantendo a tradición, a representante de Castro Barreiro e o representante de A Feira, non quixeron descubrir nada dos seus barrios, que de seguro agocharán algunha sorpresa. Cabe lembrar que o enfrontamento entre estes barrios remóntase cando menos ao ano 1888 en que consta a primeira proba documental, e nin sequera os anos de ditadura conseguiron parar esta festa de tal arraigo en Salceda.