"Entendemos que estes datos están dentro da tendencia da Área Sanitaria de Vigo, máis consideramos moi preocupante a situación", expón a alcaldesa, Loli Castiñeira.
Na súa misiva ao Servicio Galego de Saúde, a rexedora apunta que tanto o Concello, como a dirección do CEP Altamira, a ANPA e a Asociación SAPIX (Asociación pola infancia e a xuventude de Salceda) coinciden na necesidade de que se realice un cribado en todo o centro que permita detectar posibles posirivos asintomáticos, e poder deter deste xeito o avance dos contaxios.
Por parte do Concello, ofrecen a súa disposición e colaboración neste proceso coa posta a disposición da instalación ou con todo aquelo que fose preciso.