Imprimir esta páxina
10
Septiembre

Salceda contará por vez primeira cun Regulamento Orgánico Municipal

O ROM ordenará o funcionamento do Concello, conseguido unas sesión áxiles e operativas


O Boletín Oficial de Pontevedra publicou onte luns o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Salceda de Caselas, que recolle diversos aspectos da organización municipal como a composición dos grupos políticos, o desenrolo das sesións plenarias ou o dereito de acceso á información por parte da Corporación, entre outras cuestións.


Un dos puntos de maior importancia é sen dúbida o que recolle as normas de desenvolvemento das sesións plenarias, principalmente respecto da ordenación da intervención nos debates, así como nos tempos de intervencións, nas quendas de palabra e no número de mocións, rogos e preguntas que se poidan debater en cada sesión. Trátase fundamentalmente de conseguir que as sesións sexan áxiles e operativas, garantindo en todo momento os dereitos democráticos dos concelleiros e concelleiras, e evitando os debates esaxeradamente longos que se veñen producindo nalgunhas ocasións, e que restan sen dúbida eficacia ao órgano máis importante do Concello: o Pleno.


No Caso de Salceda, o ROM recolle tamén a creación do Consello de Participación Cidadá, que contará co seu propio regulamento de funcionamento, para garantir a participación da veciñanza nas decisións adoptadas no seo do Concello.


O Regulamento foi aprobado inicialmente na sesión plenaria do 30 de agosto cos votos a favor dos grupos de Goberno (MS e PSOE) e os votos en contra do Partido Popular, e a partir de hoxe conta con un prazo de exposición pública de 30 días onde tanto a veciñanza como os colectivos e asociacións poderán achegar as súas aportacións para proceder á aprobación definitiva do documento unha vez rematado o prazo de alegacións.


Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, así como o resto do equipo de goberno (Ms e PSOE) amosáronse "satisfeitos por ter conseguido en tan pouco tempo de lexislatura un regulamento que beneficiará a todos e todas", e que "incide na operatividade das sesións, cuestión moi demandada por diferentes foros". Lamentou a Alcaldesa que a aprobación inicial "non se realizase por unanimidade da corporación, pero así mesmo amosouse convencida que as aportacións que se realicen tanto dende a oposición como dende outros sectores serán feitas de xeito responsable para conseguir o mellor ROM para as necesidades de Salceda e a súa veciñanza".

Valora agora
(0 votos)