Agora, investindo o cobrado pola expropiación, a Igrexa ven de adquirir un baixo no que se ubicará a capela así como locais pastorais para xuntanzas e xornadas de traballo. Trátase dun local de 300 m2, aos que hai que sumarlle outros 100 m2 de terraza.
As celebracións relixiosas seguirán a celebrarse na Igrexa Parroquial de Santa María, reservándose a futura capela como lugar de oración e de traballo, que permanecerá aberta para tódalas persoas que queiran achegarse.
A capela e os locais complementarios ofrecerán servizo tanto á parroquia de Santa María (a máis grande de Salceda), como ás parroquias da contorna.
Jesús Martínez, vigairo de economía da diocese de Tui-Vigo, e Fran Ojosnegros, párroco de Santa María, reuníronse esta semana coa Alcaldesa, Loli Castiñeira, para expoñerlle o proxecto e comezar os trámites para poder acometer as obras de acondicionamento canto antes, para que o local poida estar dispoñible no ano 2020.