Imprimir esta páxina
11
Junio

Movemento Salceda reivindica a Alcaldía por ser a lista de esquerdas máis votada

Movemento Salceda deu traslado á comisión negociadora do PSOE, na segunda reunión entre ambas forzas celebrada onte luns, dun comunicado onde reivindica a Alcaldía por ser a forza de esquerdas máis votada.

Dende MS, e "en aras de conseguir un Goberno de esquerdas forte e unido" , trasladaronlles o seguinte documento:


"Resultado eleccións: 1.481 MS – 1.036 PSOE


Ante a proposta realizada por parte do PSOE trala xuntanza do pasado luns 3 de xuño, na que se nos deu traslado da intención de presentar a candidatura de Verónica Tourón para ocupar o posto da Alcaldía,  MS prantexa un documento realista e rigoroso, acorde aos resultados obtidos nas eleccións do pasado 26 M, donde o obxectivo é o establecemento dun Goberno de coalición forte e estable baseado no principio da lealdade entre MS e PSOE. Proponse formar un equipo de goberno que traballe man a man na defensa dos intereses de Salceda.


Reflectimos a decisión dos veciños e veciñas nos resultados, polo que a Alcaldía correspóndelle a Movemento Salceda, por ser a lista máis votada de esquerdas. A alcaldía acompáñase dunha distribución equitativa dos concelleiros e concelleiras (3+3).


O documento sobre o que se propón traballar recolle unha proposta de distribución de áreas e responsabilidades, así como as liñas estratéxicas nos proxectos que deberían ser fundamentais ó longo desta lexislatura" .

Valora agora
(0 votos)