Os dous mozos acusados dun delito de tentativa de asesinato por disparar ao tio dun deles o pasado mes de maio de 2016 en Salceda, foron condeados á pena de oito anos de prisión máis sete meses por tenda ilícita de armas. Ademais deberán indemnizar conxunta e solidariamente á vítima coa cantidade de 7.179,30 euros e non poderán achegarse a menos de 500 metros.
Os feitos remontanse ao 12 de maio de 2016 na zona de Fontán, parroquia de Parderrubias. A vítima, J.P.F., duns corenta anos de idade, saía da súa casa cando, ao entrar no seu coche, recibiu un disparo na cabeza que non chegou a ferilo de gravidade.
A sentenza reflexa que a intención dos dous procesados J.C.C. e D.A.P , sobriño da vítima, era “poñer fin á súa vida” e para lograr este propósito, fixéronse cunha carabina do calibre 22, arma que precisa para a súa tenda e uso a correspondente licenza da que ambos carecían.
Os dous mozos agocháronse co seu vehículo detrás duns setos que estaban situados ao outro lado da estrada onde estaba a vivenda da vítima e, aproveitando que este saira do seu domicilio e se sentara no seu vehículo, un deles achegouse e dende unha distancia aproximada de seis metros disparou a J.P.
O home, que puido apearse do vehículo e perseguiu ao seu agresor durante uns 200 metros, deixando tras el un regueiro de sangue, sen lograr alcanzalo.