Imprimir esta páxina
29
Noviembre

Salceda mellora os seus parques infantís

Estanse a realizar melloras nos parques infantís do casco urbano e parroquias

 

O Concello de Salceda de Caselas, a través das Concellarías de Parques e Xardíns e Vías e Obras, está a acometer obras de mellora en diferentes parques infantís existentes ao longo do municipio.

 

Así, nos parques infantiles existentes no casco urbano (Praza do Concello, Parque Aragonta e Parque da Gándara), estanse a levar a cabo obras de reparación dos columpios existentes, así como a sustitución dos que se atopaban en peor estado. Ademais nos parques da Gándara e Aragonta estanse a rematar as sendas que posibilitan a accesibilidade aos columpios inclusivos recentemente instalados polo Concello, completando así o proceso de apertura dos parques para todos os nenos e nenas.

 

“Damos resposta ás solicitudes veciñais que nos trasladan as asociacións", apunta o Alcalde, Marcos Besada,  "Obras como a recuperación de Robás ou a do Parque da Arrotea son un exemplo das demandas veciñais que se levan a cabo para o use e disfrute de todos e todas”.

 

Tamén nos parques das parroquias se están a realizar actuacións. Concretamente estase a traballar nestes momentos no parque infantil da Arrotea, dando resposta así á petición feita pola Asociación de Veciños Carballeira de Picoña. Neste caso procedeuse á reparación dos xogos e as canastas existentes, así como á colocación dun novo columpio para os máis cativos. Por outra banda procedeuse á colocación dunha valla perimetral para garantir a seguridade dos nenos e nenas.

 

O Concello anuncia que seguirá coa realización das obras de reparación e melloras precisas nos demáis parques das parroquias, para o que se está a realizar xa un traballo de avaliación naqueles parques que precisen algún tipo de intervención. Hai que lembrar o enorme crecemento poboacional de Salceda, que chegou a alcanzar a taxa de natalidade máis alta de Galicia, o que fai precisas actuacións deste tipo dirixidas á poboación infantil.

 

“Seguimos a traballar nos espazos adicados aos máis cativos, nunha vila coñecida polo seu alto índice de natalidade", conclúe Loli Castiñeira, Concelleira de Parques e Xardíns,"Apostamos por uns parques infantís accesibles nos que todos e todas poidan disfrutar sen impedimentos”.
   

Modificouse o Miércoles, 29 Noviembre 2017 13:26
Valora agora
(0 votos)