O Concello de Ponteareas decidíu suspender as feiras e mercados dos sábados diante da situación sanitaria da localidade e das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia. A situación de risco extremo conlevou o peche de actividades como a hostalaría, a redución do horario de apertura do comercio e o peche das áreas comerciais en fins de semana.
O obxectivo das medidas adoptadas pola Xunta é reducir ao máximo o contacto social, reducíndoo ás actividades laborais e esenciais. Por ese motivo, o Concello de Ponteareas decidíu suspender as feiras e mercados durante, como mínimo, as vindeiras tres semanas por tratarse dunha actividade que xenera contacto social. Tan só se permitirá a instalación dos postos de produtos agroalimentarios.
Con esta é a terceira vez en menos de doce meses que o Concello se ve obrigado a suspender feiras e mercados: aconteceu primeiro durante a primeira onda, entre marzo e maio; posteriormente durante o mes de novembro con ocasión da segunda onda; e agora nesta terceira.