A Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Comercial Banastra organizou o I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal, ambientados en Ponteareas.
O concurso que contaba con tres categorías contou cunha ampla participación: 23 relatos na categoría adulta, 10 en categoría xuvenil e máis de 30 na categoría infantil.
O xurado, formado pola escritora María Lado, polo xornalista e escritor Manrique Fernández e polo catedrático de debuxo Berto Álvarez, salientou a calidade e o esforzo das e dos participantes por establecer unha simbiose entre os textos e as ilustracións que os acompañaban, sobre todo na categoría adulta.
Ante o nivel dos relatos, na categoría adulta, decidíuse dar un accésit.
CATEGORÍA INFANTIL
- 1º Premio: Roi Lamela Rodríguez co relato “Papá Noel e os toques de queda”
- 2º premio: Iria Barros Rodríguez co relato “Concurso de debuxos”
- 3º Premio: Zoe Rivas Rosende co relato “As Chamas”
CATEGORÍA XUVENIL
- 1º Premio: Lidia Martínez Pérez co relato “Un regalo de valor incalculable”
- 2º premio: Rebeca Núñez Álvarez co relato “Relato”.
- 3ºpremio: Yanira Pérez Fernández co relato “A lenda do home de vermello”
CATEGORÍA ADULTOS
- 1º Premio: Isabel Blanco co relato “Cea de Nadal”
- 2ªPremio: Alexandro Bouzo Otero co relato “Lupus”
- 3º Premio: María José Pérez Rodríguez co relato “A segunda oportunidade”
- Áccesit: Tere Ríos co relato “Uxía debuxa o Nadal”.