• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
Evacuadas nai e filla con intoxicación por inhalación de gas no Porriño
A Xunta inviste 25.000 euros na conservación do Pazo de Mos
O BNG leva a Arévalo ante a Valedora do Pobo por "falla de transparencia"
O Porriño vende unha parcela municipal por 1 millón de euros a IBEREMBAL
O Concello acomete a reparación da estrada principal do PI das Gándaras
Mos estrea un novo portal de emprego da Axencia de Colocación
Alertan da presencia de falsos revisores do gas en Mos
A corporación de Tui amosa o seu apoio ao traballo realizado na Residencia Paz y Bien
As Meninas, Campioas Galegas Danza Coreográfica
Tui e Ponteareas en nivel máximo de restricións
Soledad Girón, presidenta da xestora do PSdeG-Psoe no Porriño
A Xunta intervén a residencia de Maiores Paz y Bien de Tui
Detido por roubar unha tarxeta e sacar máis de 5.000 euros
Falece Silvino González, o colocador de estrelas do Festival de Cans
O piloto porriñés Yago Martínez agradece o apoio ao Concello
Investigan aos responsables dunha pirotecnia de Barcelona por suposta falsidade documental
Ponteareas rexeita as violencias machistas
25
Noviembre

Ponteareas rexeita as violencias machistas

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Ponteareas rexeita as violencias machistas e así o deixou claro no manifesto, consensuado por toda a Corporación, ao que se deu lectura hoxe e que foi difundido a través de todas as súas redes sociais.

"O 25 de novembro, día Internacional contra as Violencias Machistas, é unha data de reivindicación. Un ano máis sinalamos unha das manifestacións máis extremas da situación de desigualdade que afecta as mulleres cada día, en todos os ámbitos da vida. Unha situación que non fai máis que agravarse en momentos como o actual de crise sanitaria, socioeconómica e de coidados e que incide de forma máis notable nas persoas máis vulnerables. Por iso, neste tempo crítico é aínda máis importante traballar pola igualdade. Esa é a mellor prevención.


Datos estremecedores, recentemente publicados no mes de outubro resultado da “Macroenquisa de violencia contra a muller” fan necesario e imprescindible ese traballo pola igualdade.

 

  •     O 34,2% das mulleres sufriron violencia por parte das súas parellas ou ex parellas.
  •     O 47,2% non denunciaron nin utilizaron os servizos públicos de axuda.
  •     O 40,4% das mulleres sufriu acoso sexual ao longo da súa vida.
  •     Dese 40,4%, o 60,5% das mulleres tiñan entre 16 e 24 anos. As cifras aumentan entre as mulleres novas.
  •     De cada 10 mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos ou fillas afirman que estes sufriron tamén violencia por parte das súas parellas.


A desigualdade non só se manifesta no mes de novembro. A violencia de xénero é algo cotiá. O maltrato segue a estar normalizado en todas as idades, convive con nós no rural e no urbano, sucede en calquera sector social. Cando manifestamos o noso rexeitamento das violencias machistas ten que ir da man do compromiso firme de actuar pola igualdade, de traballar conxuntamente, de habilitar recursos estables, de aplicar a perspectiva de xénero en todas as políticas e accións municipais. Necesitamos palabras e actos. Procurar e soster unha vida digna para todas as persoas e situala no centro. Esta é a forma máis eficaz de loitar contras as violencias machistas. Esta ten que ser a posición clara de toda a cidadanía e das institucións que a representamos.


Neste ano, ademais, temos que recordar a agresión que viviu unha veciña de Ponteareas no mes de xaneiro. Para ela, para a súa familia e entorno próximo reiteramos todo o noso apoio e acompañamento neste difícil proceso. Tamén para todas as mulleres que, dunha ou doutra forma, decidiron acabar co maltrato nas súas relacións e buscar fórmulas para reparar a violencia machista. A calquera que busque información, atención ou acompañamento lembrarlles que existen servizos públicos municipais á súa disposición. Aos agresores e maltratadores, a quen quere seguir a perpetuar relacións de desigualdade, queremos dicirlles que non imos aceptar ese comportamento, que o imos sinalar, que o imos rexeitar, que imos traballar para construír unha sociedade igualitaria onde non teñen lugar.


Estes tempos de incerteza deben ser a oportunidade de promover un novo acordo social, un que de forma contundente estableza XA distancia social coa desigualdade e coas violencias machistas. Empecemos a traballar para que non sexa preciso nin un 25 de novembro máis."

 

Dende o Concello lembran que calquera muller pode atopar apoio e información no Centro de Información a Muller tan só chamando para solicitar cita previa ao número de teléfono 986 64 46 53.

Modificouse o Miércoles, 25 Noviembre 2020 13:26
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • As festas de Ponteareas incluirán un horario de atraccións sen música nin megafonías
    As festas de Ponteareas incluirán un horario de atraccións sen música nin megafonías
  • As amazonas do Club Hípico CHAR destacan no concurso de salto 2 Estrelas
    As amazonas do Club Hípico CHAR destacan no concurso de salto 2 Estrelas
  • Ponteareas atrapou máis de 22.000 vespas velutinas
    Ponteareas atrapou  máis de 22.000 vespas velutinas
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas