Imprimir esta páxina
22
Septiembre

Falsifica a firma da titular dun vehículo que falecera hai máis de dous anos

A Garda Civil investiga por estes feitos ao xerente dunha compra-venta de vehículos de Ponteareas que conta con antecedentes policiais

A Garda Civil investigou o pasado martes 17, ao xerente dunha compra venda de vehículos en Ponteareas, por un suposto delito de falsidade documental.

 

O  GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, procedeu a investigar ao propietario dunha compra-venda de vehículos da localidade de Ponteareas, veciño da localidade, de 26 anos e con antecedentes policiais.

 

O feito produciuse tras realizar unha transacción de compravenda dun vehículo entre particulares, falsificando a firma da titular do devandito vehículo, a cal falecera en xaneiro de 2018, pretendendo deste xeito evitar o pago dunha transferencia intermedia.

 

A oficina da Xefatura Provincial de Tráfico de Vigo (Pontevedra), recibiu a documentación para realizar o trámite da transferencia, pero ao decatarse da irregularidade, puxo o feito en coñecemento do GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil, a fin de realizar as xestións oportunas.

 

Instrúense dilixencias por delito de falsidade documental, sendo entregadas no Xulgado de garda número dous de Ponteareas.

Valora agora
(1 Vote)