Imprimir esta páxina
08
Octubre

A III Volta Solidaria a España chegará a Ponteareas o 18 de outubro

Organizada pola asociación “Muévete por los que no pueden” en colaboración co deportista Marcos Bajo, a terceira volta solidaria chegará a Ponteareas tras percorrer media España na modaliade duatlón

Arranca en Bilbao a “III Volta Solidaria a España” coa que o concello de Ponteareas colabora a través da concellería de Eventos.


Organizada pola asociación “Muévete por los que no pueden” en colaboración co deportista Marcos Bajo, a terceira volta solidaria chegará a Ponteareas o vindeiro 18 de outubro tras percorrer media España en modaliade duatlón.


Marcos Bajo, que ten unha discapacidade visual, realizará a diario durante 35 días unha maratón a pé e unha media maratón en bicicleta para dar a coñecer as enfermidades raras (ER), animar ás persoas con discapacidade a practicar deporte e eliminar as barreiras sociais achegando á poboación a realidade dos pacientes e dos familiares de ER.


A marcha, que rematará en Barcelona o 10 de novembro, tamén recadará fondos para a investigación destas enfermidades vendendo diferentes produtos de merchandising que se poderán adquirir o día da chegada a Ponteareas diante da casa do concello.


Esta marcha solidaria une a cinco centros de investigación en ER que foron becados en 2018 e 2019 por esta asociación.


Todo o que desexe poderá realizar unha compra solidaria na páxina web https://www.migranodearena.org/reto/20413/vuelta-solidaria-por-las-enfermedades-raras-tercera , fondos que se destinarán para a creación de axudas anuais á investigación “Muévete por los que no pueden”.


Xunto a Marcos Bajo irá o seu equipo de apoio, formado por Minerva González, Gregorio Jiménez e Roberto Calderón, todos eles persoas con algunha patoloxía.


O percorrido pode consultarse en https://mueveteporlosquenopueden.org/recorrido/

 

Valora agora
(0 votos)