Imprimir esta páxina
Imaxe: Asociación Deportiva Mondariz Imaxe: Asociación Deportiva Mondariz
24
Septiembre

Trail Orixes Mondariz cambia a data de celebración

Ante convocatoria de novas eleccións para o día 10 de novembro, a A.D. Mondariz, organizadora do Trail Orixes, ven de tomar a decisión de adiantar a celebración da proba para o sábado 9 de novembro.

"Foron días de consenso no que a prioridade foi o corredor", sinalan os organizadores.

 

"A día de hoxe, dende a Xunta, non existe ningunha lei que prohiba a celebración de eventos deportivos, pero este tipo de eventos pode ser denegado por algúns dos organismos os que depende a burocracia do evento, os cales poden rechazalo dada as circustancias loxísticas e estructurais da covocatoria de eleccións", explican.

 

Ante a probabilidade de que isto aconteza e que por experiencia, pois a aprobación definitiva dos permisos soen chegar uns día antes do evento, a organización decidiu mudar a celebración do evento.

 

"Pensamos no corredor e non queremos sorpresas de última hora que nos obriguen a trocar a data de celebración do evento e que afecten os participantes", conclúen.

 

Trail Orixe é unha proba que está crecendo e que conta con unha gran organización, que ten como obxectivo dinamizar o Concello de Mondariz e a súa contorna, a través do deporte,  mostrando os recunchos naturais, culturais e paisaxisticos do lugar, a través do deporte tratando de trasladar o público a lugares máxicos e cheo de valor cultural e natural.

Valora agora
(0 votos)