• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
O CEIP Xosé Fernández Lopez mostra a súa cara máis solidaria
O Porriño Arte expón os seus traballos no Círculo Recreativo Cultural
Definida a composición da Comisión de seguimento da descontaminación do lindano
Alejandro Lorenzo: "O impago a provedores é a punta do iceberg dun entramado do que non seremos cómplices"
Evacuado en Mos un home que resultou ferido ao sufrir un golpe mentres traballaba
O lume deixa danos nunha casa e noutra lindeira no Porriño
Mos concilia no Nadal
A AECC do Porriño organiza o seu tradicional Rastrillo Solidario
Os comuneiros de Atios denuncian que a restauración da canteira Ferro "agocha irregularidades"
As asociacións empresariais da Granxa e As Gándaras promocionan plans de igualdade
Arranca en Mos a campaña solidaria de Nadal de recollida de alimentos
Máis de 30 actividades no Nadal de Salceda
O CRC acolle este sábado as II Xornadas Solidarias de Desenvolvemento Persoal
O Concello do Porriño recupera o terreo da Canteira Ferro tras ser rehabilitada
O PP reclama melloras nas estradas provinciais de Mosende a Morgadáns e de Budiño
‘La Vuelta Ciclista a España 2020’ protagonizará a Cabalgata de Reis de Mos
O hockey volve a Ponteareas!!!
09
Agosto

O hockey volve a Ponteareas!!!

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

O Hockey Club Ponteareas creará escolas deportivas e recuperará o equipo histórico para categoría elite


Tras unha década inactivo o Hockey Club Ponteareas rexurde para facer deste deporte algo máis que un entretemento e rememorar así os tempos nos que se practicaba no parque do Tea competindo no Campionato de España.


A directiva do H. C. Ponteareas presentouse nestes días coa intención de captar xogadores e recuperar o histórico equipo para as categorías elite. Apoiados polo concello de Ponteareas, na presentación estivo o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, pola concelleira de Deportes, Nahir Covelo e polo Concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó. A directiva anunciará nos vindeiros días os primeiros encontros deportivos e horarios do club para comezar con forza os adestramentos no mes de setembro.  


O principal obxectivo fixado pola directiva é a volta do club ás categorías de elite do hockey en España tanto na categoría feminina como na masculina.


Conscientes do esforzo que vai implicar, comezarán a traballar polo deporte base e a canteira. Para a tempada 2019/20 a prioridade será a creación das escolas de hóckey de iniciación nos centros escolares do concello e da súa contorna incluíndo o hockey sobre patíns nos seus programas de actividades extraescolares. A primeira acción para difundir este deporte serán as demostracións nos centros educativos ofrecendo ás familias interesadas un período de iniciación e aprendizaxe para logo organizar competicións entre os centros escolares.


O Club contará con adestradores titulados e ex xogadores con experiencia na formación de xogadores en cada posto específico.  Ademais, estará apoiado pola Real Federación Española a traverso do seu programa PROHOCKEY, deseñado por Quim Pauls .


O H.C Ponteareas agarda con ilusión a todos os nenos e nenas que queiran formar parte esta familia e equipo.

 

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(1 Vote)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • A biblioteca de Ponteareas convida a celebrar a festa do Samaín
    A biblioteca de Ponteareas convida a celebrar a festa do Samaín
  • Os Biosbardos pide axuda para Joker
    Os Biosbardos pide axuda para Joker
  • Desaparecido un mozo en Ponteareas
    Desaparecido un mozo en Ponteareas
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas