• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
A Xunta abonou xa 600.850 euros á hostalería do Porriño, Mos e Salceda
Incendio de madrugada nunca empresa do polígono de A Granxa
2.628 positivos nos centros educativos galegos
Motos, quads e todoterreos causan estragos nos montes comunais da Louriña e Condado
O BNG presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta reclamando investimentos para O Porriño
2.461 positivos nos centros educativos galegos
O Porriño roza xa os 100 positivos en covid-19
Dispáranse os contaxios na área de Vigo que roza xa os 3000 casos activos
O Porriño alcanzou hoxe unha taxa de incidencia de 405
O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19
Os positivos en centros escolares galegos marcan un novo máximo
A Fundación La Caixa e a Escola de Futbol Denis Suárez, xuntas polo deporte e a infancia
Tui pecha as instalacións deportivas municipais
Detido un condutor sen carné, coa ITV caducada e saltándose o peche perimetral
Unha muller ingresada tras ser agredida polo seu marido no Porriño
O Porriño, Mos e Salceda pasan a nivel máximo de restricións
Ponteareas elaborará un Plan de Convivencia e Civismo Roberto Mera, concelleiro de Bo Goberno
18
Julio

Ponteareas elaborará un Plan de Convivencia e Civismo

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Preténdese protexer á poboación fronte a actos incívicos e conciliar o dereito ao ocio co dereito ao descanso


O Concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, anunciou a o inicio dos traballos de elaboración dun Plan Convivencia e Civismo dirixido a garantir o respecto ás normas cívicas e de convivencia que deben rexer a relación entre as persoas e o uso dos espazos públicos en Ponteareas.

 

Mera sinalou que “neste mandato estamos decididos a abordar dunha vez os numerosos problemas de convivencia e de condutas incívicas que afectan á calidade de vida, a seguridade e a saúde dos ponteareáns, algúns deles incluso propiciados ou consentidos durante décadas polo propio Concello coa súa acción ou coa súa pasividade”.

 

O edil nacionalista citou entre outros exemplos “a falta de respecto ao dereito ao descanso, con ruidos en locais e en eventos ao aire libre até altísimas horas da madrugada; a suxedade nas rúas con excrementos de cans, cabichas e todo tipo de residuos; o descontrol con cans potencialmente perigosos que circulan sen bozos nin correas, o abandono de baixos lóbregos convertidos en esterqueiras, a condución a velocidade excesiva polas rúas da vila, o estacionamento de vehículos en pasos de peóns ou en prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida, etc.”

 

Roberto Mera asegura que “o noso obxectivo é protexer á maioría da poboación que sufre esas condutas e erradicar eses comportamentos dunha minoría, primeiro pola vía da concienciación e das alternativas, e despois, se é necesario, pola vía punitiva con sancións”.

 

O Plan de Convivencia e Civismo contempla unha primeira fase de diagnose da situación na que se recabará información sobre os problemas de convivencia, quen os provoca, a quen e como afecta, onde, porqué e cando se producen eses problemas, se a falta de resposta municipal se debe á ausencia de normativa, de medios materiais e humanos ou á simple desidia ou desorganización.

 

Para o traballo de diagnose poñerase en marcha un proceso participativo e manteranse reunións coa veciñanza das diferentes zonas da vila e colectivos sociais,. Ademais manteranse reunións de traballo cos departamentos encargados de actuar fronte aos problemas de convivencia, especialmente a Policía Local. Analizaranse tamén todas as ordenanzas e regulamentos municipais para a súa actualización porque, segundo Mera, "están en moitos casos desfasadas". O edil cita como exemplo que “en Ponteareas deixar excrementos de can nas rúas está castigado con 30 euros mentres noutros lugares a sanción é de 750 a 1.500 euros. Os infractores teñen que saber que deben mudar as súas condutas porque en breve terán consecuencias importantes” sinalou o concelleiro.

 

Mera prevé que o Plan estea listo a finais de ano para comezar a aplicar as medidas en 2020, "aínda que algunhas urxentes poderanse ir executando xa en 2019".

 

Modificouse o Jueves, 18 Julio 2019 16:48
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • Detido o veciño de habitación do home asasinado nun hostal de Mondariz
    Detido o veciño de habitación do home asasinado nun hostal de Mondariz
  • Atopan o corpo sen vida dun home con signos de violencia en Mondariz
    Atopan o corpo sen vida dun home con signos de violencia en Mondariz
  • Ponteareas supera os 200 positivos
    Ponteareas supera os 200 positivos
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas