Imprimir esta páxina
06
Mayo

Xornada de portas abertas do conservatorio municipal de Ponteareas

Dende hoxe día 6 de maio ata o día 10 de maio de 2019, o Conservatorio Municipal organiza unha semana de portas abertas para que as familias e rapaces que estén interesados en estudar no noso centro poidan coñecer por dentro a sua actividade diaria, coñecer ao profesorado, consultar dúbidas, informarse sobre as probas de acceso, ou simplemente iniciar unha pequena viaxe musical a través dos distintos instrumentos.


Se che gusta o mundo da música e te sintes identificado con un instrumento en particular, non o dubides, cumplimenta o formulario que aparece na ligazaón e así poderedes coñecer de primeira man ao profesorado e o xeito no que se imparten as clases: Conservatorio

 

Recorda que poderás visitar libremente todos os departamentos que conforman o centro. A única condición e que sexas respetuoso coas instalacións, cos profesores e co alumnado que nese momento estén na aula.

Valora agora
(0 votos)