Imprimir esta páxina
04
Febrero

Ponteareas mellora o equipamento dos seus bombeiros

O Concello de Ponteareas adquiriu novos equipamentos para que os bombeiros poidan desempeñar un servizo máis eficaz e dispoñan de ferramentas actualizadas que supoñan actuacións máis rápidas e efectivas.


Con cargo aos fondos UNEXPA mercouse unha bomba de achique para o camión para poder usala en lugares donde non hai corriente eléctrica e unha bomba nova de excarcelación menos pesada e con mellores prestacións.


Ademais, comprouse un cargador de botellas para equipos de respiración autónomos máis moderno capaz de cargar dúas botellas en dez minutos, o que tiñan os nosos bombeiros cargaba só unha botella e tardaba vinte minutos. Dispor de equipos eficientes e eficaces é fundamental e decisivo en moitos casos de emerxencias.


Tamén se mercou un estabilizador de vehículos para estabalizar en vertical en caso de vuelco e que tamén facilita o acceso aos bombeiros que poden utilizalo para subir.


Seguridade Cidadá fíxose tamén con material de rescate en altura, tres cámaras térmicas individuais para ver en situacións de incendios e fume intenso e localizar persoas, un xogo de balizas luminosas para sinalizar e material diverso necesario para as funcións cotidiáns, ademais de material de ximnasio e dunha pértiga de fibra de carbono máis manexable e dunha soa peza.

Modificouse o Lunes, 04 Febrero 2019 12:48
Valora agora
(0 votos)