Imprimir esta páxina
23
Enero

O PP denuncia escapes de augas fecais no paseo matutino

Os populares atribúen estes verquidos a eivas nas obras recentemente acometidas na Avda. de Galicia e solicita unha explicación ao goberno

O Concello asegura que o rebosamento de fecais é alleo ás obras e xa está resolto

O PP de Ponteareas denuncia vertidos de augas fecais no recentemente reformado paseo matutino. Esta obra é financiada pola Deputación de Pontevedra, que xa en 2015  deixou consignada unha partida de preto de 200.000 euros.

 

augasfecais3Os populares critican  “o culebrón” que supuxo a xestión da “única obra” que acometeu o actual goberno nestes catro anos. “É unha obra que deixou o PP:  tanto o proxecto como a partida económica. A finais de 2015, Represas decidiu cambiar o proxecto porque dixo que o do PP era inviable. En 2017 anunciou o inicio das obras. En 2018, despois de que denunciamos que non se iniciaron e que se perdía o diñeiro, executáronas á présa. Abriuse hai uns días para o mitin de presentación de Represas, pero o certo é que está sen terminar. No referente ao asfaltado e sinalización pódese corrixir pero preocúpanos a vertedura de fecais que se produciu, porque se algunha tubaxe quedou mal colocada implicaría ter que volver abrir a rúa e cortala prexudicando, de novo, aos veciños, comerciantes e hostaleiros da zona”, advirten os populares.

 

O PP considera que debe solucionarse este problema de inmediato e por iso solicitará explicacións aos responsables locais sobre a execución da obra. “A decisión de abrila sen sinalización e por que, despois dunhas pequenas choivas, encharcouse todo con augas fecais. É unha obra nova, antes non sucedía, os comerciantes están moi enfadados. Sufriron o peche estes tres meses en plena época do Nadal e agora atópanse cunha rúa sen terminar e que xera uns problemas que antes non tiñan”.

 

O Concello asegura que o rebosamento de fecais é alleo ás obras

 

Ante a denuncia dos populares o Concello informou que a incidencia foi resolta por operarios da concesionaria FCC en menos de 90 minutos. Segundo o técnico municipal redactor do proxecto este problema non ten nada que ver coas obras executadas na Avenida de Galicia, no tramo situado detrás do Concello, nas que se renovaron hai un mes os colectores de saneamento.

 

Para solucionar o atascamento accedeuse ao colector desde unha arqueta situada no entronque do Paseo Matutino, o que provocou que algúns veciños e comerciantes equivocadamente atribuisen o problema ás obras de mellora executadas hai un mes.

 

O Concello explica que a vindeira semana, aproveitando o remate das obras de entronque do Paseo Matutino coa Avenida de Galicia, accederase de novo aos colectores onde se realizará unha obra que evitará no futuro ese problema. “Deste xeito, ademais do arranxo que xa fixemos no tramo situado detrás do Concello, quedará tamén solucionado o problema do tramo dos Xulgados que sofremos esta semana”, sinalan fontes municipais que atribúen os problemas “a antigüedade e o mal estado da rede xeral de saneamento da vila”.

Modificouse o Miércoles, 23 Enero 2019 19:25
Valora agora
(0 votos)