Imprimir esta páxina
09
Enero

As Cortellas plantará preto 1.000 árbores apadriñadas no festival “Música polo noso monte”

A veciñanza das Cortellas e a comunidade de montes de Padróns convidan a todas as madriñas e padriños que apadriñaron árbores no festival “Música polo noso monte” celebrado o pasado 3 de marzo de 2018 a participar na xuntanza que terá lugar este domingo 13 de Xaneiro ás 08:15 horas.


Xunto a capela das Cortellas reuniránse todos e todas as que queiran plantar as  preto de mil árbores apadriñadas.


Os e as interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do día 11 indicando nome, apelidos, data de nacemento e dni para poder ter cobertura do seguro que a organización contratará para maior seguridade.


A veciñanza das Cortellas, en Padróns, suxire levar sacho ou legón para poder facilitar o traballo.


O concello de Ponteaeras, que apoiou dende o inicia a iniciativa, felicitou á xente das Cortellas e da comunidade de montes de Padróns pola súa labor na defensa e protección dos montes.

Valora agora
(0 votos)