Imprimir esta páxina
11
Diciembre

Máis de 1.500 sinaturas reclaman o bacharelato de Artes en Ponteareas

Unanimidade para que o IES Val do Tea acolla o Bacharelato de Artes

A comunidade educativa de Ponteareas rexistrou esta semana máis de 1.500 sinaturas recollidas demandando a implantación do bacharelato de Artes en Ponteareas.

 

A FANPO (Federación de ANPAS de Centros Públicos do Condado, A Paradanta e Louriña), o consello escolar municipal e as e os directores do IES todos xuntos e por separado levan dende o curso 2005-2006 solicitando reiteradamente á Xunta de Galicia a grande demanda desta especialidade na comarca.

 

Ano tras ano os documentos de preinscrición e de matrícula reflexan o elevado interese que o alumnado do Condado e da Paradanta teñen no bacharelato de Artes e así llo trasladou a comunidade educativa en múltiples ocasións á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

Para coñecer a demanda real a Concellería de Ensino realizou nos últimos dous cursos unha enquisa entre o alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º de bacharelato dos centros educativos de Ponteareas e tamén preguntou nos centros educativos que imparten bacharelato de Artes en Vigo (localidadede referencia donde o alumnado do Condado realiza este tipo de estudos).

 

As sinaturas recollidas e contar cun conservatorio de música, ademais de ser o concello cabeceira da comarca, reforzan a petición de que o alumnado de Ponteareas non teña que desprazarse fóra para realizar estes estudos.

 

Existe consenso entre os IES en que sexa o Instituto Val do Tea o que acolla esta especialidade recibindo o apoio dos outros dous institutos e do resto da comunidade educativa, incluído o propio concello de Ponteareas.

Modificouse o Martes, 11 Diciembre 2018 13:34
Valora agora
(0 votos)