Imprimir esta páxina
06
Diciembre

Máis de 80 persoas participan como voluntarias en Cruz Roja no Condado

As actividades onde se necesita máis voluntariado son as de Intervención Social, Emprego e Cruz Roja Mocidade

Cruz Roja Española é unha organización de voluntariado e o mellor reflexo diso represéntano as persoas voluntarias da Institución que dedican o seu tempo e esforzo diariamente en actividades como acompañar ás persoas maiores, apoiar a nenos e nenas na realización das súas tarefas escolares ou socorrer a quen necesita axuda urxente, sen esperar nunca nada a cambio.

 

Para festexar o Día Internacional do Voluntariado, Cruz Roja en Ponteareas instalou catro mesas informativas no Centro de Saúde, o IES Val do Tea, o IES Pedra de Auga e no IES Ponteareas; estas mesas, tiveron o obxectivo de sensibilizar á poboación da importancia do labor voluntario, ademais de dar a coñecer o traballo de Cruz Rojana zona.

 

Tamén, ao longo desta semana, están a realizarse charlas e talleres informativos nas actividades que se desenvolven habitualmente na asemblea con persoas maiores, nenos e nenas… E para culminar este día de celebración, celebrouse unha xornada de participación interna para que os voluntarios e voluntarias da institución compartisen experiencias de voluntariado e recoñecerlles o gran labor que realizan durante todo o ano.

 

Este ano volveu a crecer o número de persoas que, de forma solidaria e desinteresada, son voluntarias de Cruz Roja Española na Asemblea Comarcal do Condado, superando as 60 que xa participaban en 2017. No que vai de ano 2018, máis de 80 persoas participan como voluntarias, a través da área de Intervención social, colaborando en proxectos con persoas inmigrantes, persoas sen fogar, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas desempregadas ou con familias afectadas pola crise, entre outros colectivos.

 

Xunto co voluntariado en Formación, Saúde, Cooperación internacional ou Cruz Roja Mocidade, configurando unha extensa rede de solidariedade humana sempre preparada para axudar ás persoas que máis o necesitan.

O perfil maioritario: Muller, de 39 anos e con estudos superiores

En canto ao perfil maioritario do voluntariado de Cruz Roja na provincia de Pontevedra pódese destacar que hai máis mulleres que homes (56,61% Mulleres e 43,39% Homes), que a maioría ten unha idade comprendida entre os 31 e os 40 anos (un 34,23%), sendo a idade media do voluntariado de 39 anos. Tamén cabe sinalar que o 4,42% do voluntariado de Cruz Roja  é de orixe estranxeira e maioritariamente proveñen de países como Venezuela, Brasil, Colombia ou Arxentina, entre outros. A permanencia media do voluntariado en Cruz Vermella actualmente supera os catro anos e dous meses.

Valora agora
(1 Vote)