• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O Club Natación Mos, pioneiro en Galicia en Natación Adaptada para Invidentes
Leroy Merlin inaugura a súa nova tenda en Mos
O PP de Salceda agradece aos veciños a súa implicación e compromiso co partido
Eva García de la Torre: “Quero seguir gobernando”
O Godoy Maceira Porriño disposto a reencontrarse coa vitoria en Xixón
Mos eliminará o tráfico pesado das zonas urbanas residenciais
Mos traballa xa para que celebrar o Día da Muller
Dous anos de prisión por apropiarse dos cartos para construír unha casa no Porriño
A cultura mosense reúnese baixo o lema identitario local ‘SomosMos’
O Festival de Cans inicia unha nova edición do seu curso de montaxe e edición
A pista de atletismo da Granxa estará rematada en maio
"Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
O novo Burger King de Mos pon a súa primeira pedra
O PP alerta do perigo do vial alternativo habilitado polas obras da EP 2505
GañaMos pide disculpas á CMM de Pereiras
Xuventudes Socialistas recada 1400 euros para a vivenda tutelada de COGAMI
Tres detidos por unha ducia de roubos en vivendas
05
Diciembre

Tres detidos por unha ducia de roubos en vivendas

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Detivose a tres veciños de Mondariz que ingresaron en prisión. Esclarecéronse 13 roubos en vivendas cometidos durante os últimos meses na comarca de Pontevedra e de Condado- Paradanta

A Garda Civil detivo a tres veciños de Mondariz, dous homes e unha muller, como presuntos autores de algo máis dunha ducia de roubos en vivendas cometidos durante os últimos meses en varios municipios desta provincia.


En senllas operacións levadas a cabo durante a última semana por efectivos da Garda Civil da Compañía de Pontevedra e do Posto Principal de Ponteareas, conseguiuse identificar e deter aos presuntos autores dunha serie de roubos que viñan producindo desde o mes de xaneiro deste ano no interior de vivendas na comarca de Pontevedra e do Condado- Paradanta.


As pescudas que viñan realizando contorna a tres novos sospeitosos, dous homes e unha muller, que xa foran detidos  infraganti o pasado mes de maio no interior dunha vivenda en Ponte Caldelas, adquiriron consistencia a raíz do achado dunha pegada dixital da moza noutro dos cinco roubos en vivendas que se estaban investigando nos municipios de Ponte Caldelas e A Lama.

 

As investigacións concluíron que esta muller, acompañada dos outros dous homes, un deles a súa parella sentimental, foran os presuntos autores materiais de 13 roubos en vivendas: 5 en Ponteareas (2 no núcleo urbano, 1 en Santiago de Oliveira e 2 en  Guillade); 2 en Mondariz ( Mouriscados); 1 nas Neves ( Batalláns); 3 na Lama ( Gaxate, Antas e  Seixido), 2 en Ponte Caldelas ( Forzáns e  Tourón) e un furto noutro domicilio en Covelo, onde subtraeron un reloxo de ouro que venderon nun local de compra venda de obxectos usados por 1.500 euros.


Durante o desenvolvemento das investigacións púidose comprobar que, ademais da proximidade xeográfica dos municipios afectados por este tipo de roubos, existía unha gran similitude no modus operandi da práctica totalidade dos casos investigados. Usaban o mesmo ou parecido procedemento para  entar nos inmobles e seleccionaban vivendas deshabitadas, utilizadas como segundas residencia ou durante os períodos vacacionais.


A estreita colaboración e o intercambio de información entre o Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Pontevedra e o Posto de Ponteareas, permitiu a localización e detención destes tres  sospechos que se atopaban residindo no municipio de Ponteareas, todos eles cun amplo historial delituoso por delitos similares.


As pescudas concluíron coa recuperación dunha importante cantidade de efectos en distintos establecementos de compra venda de obxectos de segunda man e no rexistro do domicilio dos dous membros da parella detida, aos que se lles atribúe tamén a comisión de senllos delitos contra a seguridade viaria por conducir sen permiso. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de Garda de Ponteareas que decretou o ingreso preventivo dos tres detidos no centro penal da Lama.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • Detidos os presuntos autores dunha vintena de roubos en Ponteareas
    Detidos os presuntos autores dunha vintena de roubos en Ponteareas
  • Balneario de Mondariz, elixido polos internautas como destino ideal de Noiteboa a mesa posta
    Balneario de Mondariz, elixido polos internautas como destino ideal de Noiteboa a mesa posta
  • Ponteareas recoñece os éxitos deportivos do seu club de natación
    Ponteareas recoñece os éxitos deportivos do seu club de natación
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas