Imprimir esta páxina
01
Octubre

Ponteareas colga o cartaz de cheo

As actividades culturais do último trimestre encheron as rúas batendo récords de participación

O Concello de Ponteareas agradeceu hoxe a través dun comunicado a todos e a todas os que estes meses se achegaron a Ponteareas para participar nas diferentes actividades da programación cultural facendo que en moitas ocasións se tivese que colgar o cartaz de cheo. A Vila do Corpus quere colgar agora o cartaz de "grazas por desfrutar da nosa programación cultural"


Proba desto foi a primeira edición do Festival Internacional de Teatro de rúa na que os cativos e cativas xuntos aos seus pais e nais ateigaron as rúas acompañando os diferentes espectáculos, a última edición do Rock in Rio cunha Feira Vella na que non entraban máis persoas ou o cheo de cada día de concerto do festival Groba chegando ao concerto de onte coa cantante SÈS cun público que encheu de novo a Feira Vella.


Pero ademais, as rúas, prazas e parques de Ponteareas foron testemuño da alta participación e do interese suscitado pola Feira do Libro, a feira tradicional dos Remedios que bateu récord de visitantes, o festival de música Rebelde, o concerto de Susana Seivane, o concurso de gaitas ou as danzas do mundo.

 

B46B9567

Valora agora
(0 votos)