Imprimir esta páxina
04
Julio

Polémica en Ponteareas tras compartir un concelleiro do PP un vídeo do "grupo neonazi `Hogar Social´"

Os socialistas de Ponteareas veñen de esixir a dimisión inmediata do concelleiro do Partido Popular, Domingos Freitas, "por compartir nas súas redes sociais contidos xenófobos e de odio".


Así o anunciaron a través dun comunicado de prensa no que se incluían pantallazos de publicacións do perfil persoal de Facebook do concelleiro no que, ademáis do vídeo de Hogar Social, no que a lider da organización Melisa Dominguez pedía que o Ayuntamiento de Madrid procurase unha solución habitacional a cidadáns que quedaran sen fogar, se compartía unha imaxe na que se apunta que inmigrantes reciben unha pensión "sen cotizar" mentres un home pedindo na rúa recibe unha pensión inferior "tras cotizar 32 anos".

 

O Partido Socialista considera que esas accións son impropias dun representante político e da democracia. “Non toleramos que un representante dos ponteareáns simpatice con ideas fascistas e por iso pedimos a súa dimisión inmediata” sinala Chus Garrote.


Por outro lado, os socialistas defenden que non se trata dun caso illado xa que nas últimas semanas, sinalan, "o concelleiro do PP tamén compartía “bulos” con contido xenófobo tralo rescate dos máis de 600 refuxiados do barco Aquarius".

 

Desde o Partido Socialista, engaden, levan invitado ao concelleiro Mingos Freitas "a cesar desa actitude e convídano por saúde democrática, a retractarse nesas mesmas redes sociais do seu comportamento".

Valora agora
(0 votos)