• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
Desmantelado un importante punto de venda e distribución de drogas nun domicilio de Sanguiñeda
Centos de persoas maniféstanse contra o proxecto do Celta en Mos
Mos instala o seu primeiro semáforo para invidentes
Roi Rodríguez Huertas, Jesús González e Tania Fernández reciben o Premio Deporte Tudense 2018
Granollers e Godoy Maceira Porriño volven verse as caras
PSA estima en 2.000 millóns en ingresos e 4.000 empregos o proxecto Factoría 4.0
O Entroido do Porriño 2019 abrangue cinco días de troula
Continúan as protestas no Casal contra o paso de camións
Salceda acolle a 3ª xornada copa promoción Badminton Xogade 2019
A Biblioteca do Porriño redobra a súa aposta pola animación á lectura
O Consello Galego de Relacións Laborais mediará no conflicto laboral do Concello de Salceda
80 mozos e mozas do Porriño participarán en ‘QUEROeco’
Nova protesta contra o centro comercial do Celta en Mos
Mos disporá este ano de 45.000 euros para o arranxo de camiños
O porriñés Ricardo Baz, Campión de España `Veteranos´ de Grappling
A AAVV San Benito celebra este venres a súa Asemblea anual
Leiva e Tarque cabezas de cartaz do Rock in Rio Tea con Gran Cañón
02
Julio

Leiva e Tarque cabezas de cartaz do Rock in Rio Tea con Gran Cañón

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Ponteareas acollerá o vindeiro día 21 de xullo a sexta edición do Rock in Rio Tea


Encabezando o cartel do festival, Gran Cañón, unha banda moi especial, da que forman parte músicos consagrados da escena nacional, que ten ó fronte a voz máis importante do Rock and Roll en español na actualidade. Un motivo polo que Carlos Tarque sempre foi a aspiración mais ilusionante para a organización do festival pero non o único; a especial relación de Tarque con Ponteareas, de donde é a súa nai e donde aínda reside boa parte da súa familia, fai que poder gozar do músico e compositor sobre un escenario da vila sexa un orgullo para o Rock in Río Tea, e se converta no acontecemento musical máis esperado en moito tempo.


Carlos Tarque non chega só a Ponteareas. Polo escenario “Aguas de Mondariz” pasará un auténtico “dream team” do Rock and Roll. Gran Cañón conta nas súas filas con Leiva (Pereza) na batería e na voz, Julián Maeso ó piano e co seu inseparable órgano Hammond, Ovidi (Los Zigarros) na guitarra e na voz, Iván “Chapo” (M-Clan) ó baixo e Prisco (M-Clan) na guitarra. Unha banda incrible que repasará ós clásicos do Rock dos 70.


O sábado 21 de Xullo, compartirán cartel con Terbutalina, outra banda moi desexada pola organización que aportará ese punto de loucura garaxe-punk que fará bailar a todo o que se acerque polo parque da feira vella. Os Madrileños The Parrots, completarán esa enerxía garaxeira e gamberra coa que triunfan dentro e fora das nosas fronteiras no escenario “Mahou”. Basanta, que están a arrasar co seu último traballo “Colorama” levarán a maxia o misterio e o fuzz ó escenario “Aguas de Mondariz”, no que abrirán o festival os gañadores do concurso de Bandas 2018 Atomic Lemons. Os lisboetas Her Name Was Fire completarán o cartel do sábado subindo os decibelios co seu stoner arrasador.


O venres 20 de Xullo teremos a unha das bandas galegas con mais proxección do momento. Stoned At Pompeii, que xa están a xirar por todo o mundo co seu traballo “Ancroidal”, paticipando en festivais tan importantes como o Resurrection Fest, encabezará a proposta do venres. A banda local MET, que xa participaran na primeira edición do festival volven a casa co seu espirito indie. Abrirán a xornada do venres os alumnos da CDM (Rock School) de Ponteareas, o futuro do Rock and Roll, que namoran co seu precoz talento e a súa espontaneidade.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • Ponteareas destinará máis de 150.000 a axudas para traídas de augas veciñais
    Ponteareas destinará máis de 150.000 a axudas para traídas de augas veciñais
  • Ponteareas elabora unha alfombra floral adicada a Carlos Casares
    Ponteareas elabora unha alfombra floral adicada a Carlos Casares
  • As flores de Asprodico anuncian a chegada do Corpus en Ponteareas
    As flores de Asprodico anuncian a chegada do Corpus en Ponteareas
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas