Imprimir esta páxina
11
Junio

Os III Xogos Florais de Ponteareas entregan os seus premios

María Cayetana Herrero e Giovanna Carvalho premiadas na categoría infantil e xuvenil respectivamente, entre outras poetas e poetisas


A concellería de Cultura entrega os premios dos III Xogos Florais. O xurado do concurso de poesía “III Xogos Florais de Ponteareas” formado por Hortensia Bautista Fernández, concelleira de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo do Concello de Ponteareas en quen delegou o Alcalde, Roi Vidal Ponte, Marta Dacosta Alonso, Diego García Represas e Manrique Fernández Váquez, e como secretaria Sofía Rodríguez Suárez  traballadora da Biblioteca Municipal, avaliou os trinta e un traballos presentados na categoría, os catro da categoría xuvenil e os nove da categoría adultos.


Tras a lectura dos poemas presentados, os membros do xurado coinciden en valorar o bo nivel medio dos participantes de despois das deliberacións oportunas deciden conceder os seguintes premios:


Categoría infantil:

 

  • “Os meus gatiños” presentado baixo o  pseudónimo de CANELA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Mª Cayetena Herrero Iglesias.
  • “Carta de amor” presentado baixo o psudónimo de A PEQUENA ROSA NEGRA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Valeria Estévez López .
  • “Ponteareas” presentado baixo o pseudónimo de CURIOSOMARABILLOSO. Unha vez aberto o sobre corresponde a Anxo Fernández Cambra.


Categoría Xuvenil:

 

  • “Desgaste” presentado baixo o  pseudónimo de MOONCHILD. O poema corresponde a Giovanna Carvalho Carneiro.
  • “Princesas” presentado baixo o  pseudónimo de TOKIO 011. O poema corresponde a Sara Seijo Vila.
  • “Aquela mente” presentado baixo o  pseudónimo de AIKO KOKORO. O poema corresponde a Gala González García.

 

Categoría Adulto:

 

  • “Un home común” presentado baixo o  pseudónimo de GALA PEREIRO. O poema corresponde a Fátima Domínguez Silva.
  • “Queima” presentado baixo o  pseudónimo de CÉFIRO. O poema corresponde a Pilar Alonso Suárez.
  • “Vida estelar” presentado baixo o  pseudónimo de HUMIA. O poema corresponde a Carla Leándrez Dosantos.

 

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, felicita ás gañadoras e agradece aos participantes a boa calidade do traballo animándoos a seguir escribindo e creando pezas literarias fermosas, comprometidas e singulares. Os traballos premiados serán publicados nunha edición conxunta.

Valora agora
(0 votos)