No día de hoxe confeccionaron unha alfombra floral de cincuenta metros cadrados na rúa perfilada co capucho da landra de carballo e realizada con urceira verde e negra, pampullo, tuia, rosas e caraveis entre outras flores facilitadas todas pola asociación de alfombristas de La Orotova.
Cun deseño de motivos florais ao estilo Ponteareas a alfombra ponteareá atrapou a ollada dos moitos visitantes que se achegan ao longo desta semana a La Orotova.
O Alcalde de Ponteareas destacou a importancia deste estreito irmanamento que enriquece ás dúas cidades e fai que compartan coñecementos e o mesmo gusto pola arte floral.