Imprimir esta páxina
17
Diciembre

Suda a camiseta e axuda aos máis desfavorecidos

O prazo de inscrición para a VI San Silvestre Solidaria estará aberto ata o vindeiro 29 de decembro

 

Taninos Runners Ponteareas, en colaboración co Concello de Ponteareas, organiza a VI San Silvestre Solidaria que sairá da Praza Maior ás 17:30 horas o vindeiro 31 de decembro. As inscricións estarán abertas ata o 29 de decembro non admitíndose inscricións o propio día da proba.

Un circuito urbano de cinco quilómetros no que cada gota que se sude será para amosar o lado máis solidario con aqueles que máis o precisan. Todos os que o desexen poderán achegarse e aportar alimentos e produtos de hixiene persoal a favor do centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.

Esta proba non competitiva está aberta a maiores de catorce anos cun límite de 750 participantes. A San Silvestre Infantil que sairá da Praza Maior ás 16:45 horas tamén terá o prazo de inscrición aberto ata o 29 de decembro e está aberta a maiores de seis anos cun límite de 250 participantes.

Todas e todos os interesados poden inscribirse na páxina web www.taninosponteareas.com

Valora agora
(0 votos)