Imprimir esta páxina
08
Agosto

Ponteareas aproba licitar a rede calor con Biomasa por 1.350.000 euros

O consumo actual de gasoil para dar servizo aos edificios públicos do Concello, será substituido por madeira dos montes das parroquias


O Concello de Ponteareas aprobou o anteproxecto da rede de calor con Biomasa para dar servizo de calefacción e agua quente sanitaria aos edificios públicos substituíndo o consumo actual de gasoil por madeira dos montes das parroquias. Os cartos destinados ata agora ao gasoil invertiránse na compra de biomasa dos montes de Ponteareas.

 

Esta será unha das maiores redes deste tipo promovida por un Concello, unha iniciativa pioneira en Galicia que é posible grazas a unha axuda do INEGA. Este é o motivo principal da urxencia do pleno celebrado pasado luns, dados o prazos curtos para esta obra e que, según informan dende o consistorio, non se puido levar antes a pleno polas dificultades  técnicas propias deste proxecto.

Modificouse o Martes, 08 Agosto 2017 19:47
Valora agora
(0 votos)