Imprimir esta páxina
09
Junio

Interceptado un condutor que quintuplicaba a taxa de alcolemia permitida

Antes de ser interceptado circulando, os axentes advertiron ao condutor que non podería conducir nese estado ao atopalo durmindo no vehículo estacionado

Axentes da Policía Local de Ponteareas interceptaron, nas últimas horas, a un condutor que quintuplicaba a taxa de alcolemia, imputándolle un delito contra a seguridade viaria.

 

Os feitos aconteceron cando a patrulla da Policía Local mirou un vehículo estacionado cunha persoa durmindo no posto do condutor. Os axentes achegáronse ao coche para interesarse polo estado de saúde do home , podendo comprobar que se atopaba baixo os efectos de bebidas alcohólicas, polo que procederon a informarlle que , no estado no que se atopaba, non podería conducir o vehículo.

 

Posteriormente, os axentes atopáronse o mesmo vehículo circulando, polo que proceden a darlle o alto o alto e a realizar a preceptiva proba de alcolemia ao condutor, dando como resultado que quintuplicaba a a taxa legalmente permitida, polo que procederon a instruir as correspondentes dilixencias. Como resultado, o condutor terá que comparecer ante o Xulgado de Garda para asistir, en calidade de investigado, a un xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria.

 

Doutra banda, a Policia Local de Ponteareas instruíu dilixencias nun accidente de tráfico acontecido na glorieta do cruce de Mondariz, no que resultaron feridos os ocupantes do vehículo. Nese caso, os axentes abriron unha liña de investigación sobre o condutor para determinar en que circunstancias tivo lugar o accidente e determinar se estaba ou non baixo a influencia de alcohol ou drogas.

Valora agora
(0 votos)