A exposición de fotografías das décadas dos 50, 60 e 70 “Aos olhos de Eduardo”, cedidas pola Fundación Vicente Risco, inaugurouse a pasada fin de semana e estará aberta ao público, de balde, até o 20 de maio, en horario de martes a venres, 9 a 13, e sábado de 11 a 14 horas, e domingos de 18 a 20 horas. Na presentación da exposición contamos coa presenza da filla do autor, Vanesa Teixeira Pintos, presentada polo coordinador de Ponte nas Ondas Santiago Veloso.
Trátase dunha selección de fotografías representativas do traballo de Eduardo Teixeira (1933-2009), uno dos mellores e máis galardoados fotógrafos portugueses do século XX. Os temas principais que toca a exposición son a natureza e a figura humana.