• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O xulgado suspende a esixencia de empadronamento da Pass Vigo
Veciños da Vaquería propoñen alternativas para solucionar o problema da PO-510
O xuíz cita como investigado a Manuel Carrera
Rumbo a Arxentina para celebrar o Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires
O BNG continúa a súa rolda de xuntanzas coa veciñanza en Cans
Os Penediños de Atios celebran o Día do Libro
A Turre’s Band finalista dos V premios Martín Codax da Música
Burning encabeza o cartel musical do XV do Festival de Cans
Retencións kilométricas na A-55 tras perder una camión a súa carga
200 escolares participarán nas V Xornadas de Educación Vial en Salceda
Ábrese a poxa para adxudicar a cafetería do Centro Social e Cultural de Atios
Bocaselas supera expectativas na súa primeira fin de semana
Vive o Camiño en Mos!
Sergio Bugarín proclamado presidente das Novas Xeracións do Porriño
O Godoy Maceira Porriño cae ás portas da final
Centos de persoas volven esixir en Mos a reanudación das obras da A-55
A II Subida á Picaraña incorpora o Campionato Galego cadete de carreira de montaña
20
Abril

A II Subida á Picaraña incorpora o Campionato Galego cadete de carreira de montaña

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Celébrase o 1 de maio, organizada polo clube de montaña Caminhantes do Condado, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas


En paralelo ao campionato cadete decorrerá a subida popular para o resto de categorías. “Desde a organización o noso obxectivo, sobre todo é xerar un día de festa e convivencia co deporte aproveitando que o día 1 de maio é o día da romaría da Picaraña, amais de compartir unha actividade deportiva e de montaña entre diferentes xeracións”, explica Cristóbal García. “Gustaríanos que esta carreira tivera un importante afluencia para facela un referente que axude a promocionar Ponteareas, pola súa natureza, e polo seus deportistas”, sinala o edil de Deportes, Benito Márquez.

 

A hora de inicio da subida popular á Picaraña será ás 10:30 horas, cun percorrido de 4 quilómetros, cun desnivel de 350 metros, mentres que a hora de comezo do Campionato Galego en categoría Cadete será ás 10:45 horas, cunha distancia de 6 quilómetros, cun desnivel de 450 metros. A saída terá lugar na Piscina Municipal e o lugar chegada será a Cruz da Picaraña. Os participantes toparanse cunha sorte de percorrido de terra, asfalto, camiños e sendeiros.

 

No Campionato Galego en categoría Cadete participarán rapazas e rapaces de 15, 16 e 17 anos. Asemade, na subida popular haberá unha categoría absoluta, júnior, sénior, veterano A e veterano B.

Modificouse o Jueves, 20 Abril 2017 12:56
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • Ponteareas achega a Ciencia a toda a veciñanza
    Ponteareas achega a Ciencia a toda a veciñanza
  • Piden catro anos de prisión para un home acusado de abusar da súa neta en Ponteareas
    Piden catro anos de prisión para un home acusado de abusar da súa neta en Ponteareas
  • O campo de fútbol de Angoares xa dispón de un desfibrilador
    O campo de fútbol de Angoares xa dispón de un desfibrilador
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas