• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O PP de Salceda agradece aos veciños a súa implicación e compromiso co partido
Eva García de la Torre: “Quero seguir gobernando”
O Godoy Maceira Porriño disposto a reencontrarse coa vitoria en Xixón
Mos eliminará o tráfico pesado das zonas urbanas residenciais
Mos traballa xa para que celebrar o Día da Muller
Dous anos de prisión por apropiarse dos cartos para construír unha casa no Porriño
A cultura mosense reúnese baixo o lema identitario local ‘SomosMos’
O Festival de Cans inicia unha nova edición do seu curso de montaxe e edición
A pista de atletismo da Granxa estará rematada en maio
"Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
O novo Burger King de Mos pon a súa primeira pedra
O PP alerta do perigo do vial alternativo habilitado polas obras da EP 2505
GañaMos pide disculpas á CMM de Pereiras
Xuventudes Socialistas recada 1400 euros para a vivenda tutelada de COGAMI
Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
EU SON pide o apoio da corporación á Folga Feminista do 8 de marzo
Escolares de Ponteareas deseñan un camiño escolar que une tres centros educativos
24
Marzo

Escolares de Ponteareas deseñan un camiño escolar que une tres centros educativos

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

O proxecto, no que participa alumnado dos tres centros, será presentado na I Bienal de Arquitectura Xuvenil (LUDANTIA),  que se celebrará en 2018 en Pontevedra e xa conta coa inscrición de propostas escolares de 21 países


Alumnas e alumnos dos centros educativos, IES do Barral, IES Val do Tea e CEIP Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas traballan, dende o pasado mes de febreiro, no deseño, planificación e execución parcial dun proxecto conxunto que ten como finalidade crear un “camiño escolar” que una os tres centros educativos.

 

Trátase de habilitar unha ruta peonil, segura, respectuosa co medio ambiente e que que propicie as relacións entre o alumnado. A iniciativa busca involucrar nela non só a comunidade educativa, senón aos veciños e veciñas en xeral. As reunións de traballo son desenvolvidas polos equipos seleccionados por cada centro escolar, composto por alumnado e profesorado voluntario e que contan co asesoramento de dúas arquitectas designadas polo Colexio de Arquitectos.

 

O proxecto destes centros educativos ponteareáns, que conta co apoio do Concello de Ponteareas a través da Concellería de Ensino, foi presentado a Ludantia, I Bienal Internacional que se celebrará en 2018 na cidade de Pontevedra. Este encontro, no que se compartirán experiencias con outras iniciativas de 21 países, que xa figuran inscritos,  recollerá experiencias sobre Arquitectura e Educación coa finalizade de recuperar o espazo urbano para os xogos dos máis pequenos.

 

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, destacaba “a importancia que supón para Ponteareas, a unidade e colaboración que amosan as direccións e profesorado destes centros escolares, que coas ideas e traballo do alumnado farán posible unha actuación urbanística propia que facilite a convivencia e mellore o medio ambiente en Ponteareas”.

 

Con esta finalidade, o Concello de Ponteareas porá a disposición do alumnado, planos urbanísticos e a información técnica que necesiten e sexa requirida para a execución dos proxectos.

 

Pola súa banda, o alcalde, Xosé Represas, expresaba o seu convencemento de que “é preciso facer que os nenos e nenas fagan seu o territorio local no que ter espazos propios de lecer”.  Nese sentido, matizaba Represas, “é prioritario dispoñer dunha cidade onde a veciñanza sexa partícipe do seu deseño, permitindo ser máis responsables e mellorar  a calidade de vida de todos

Modificouse o Viernes, 24 Marzo 2017 11:36
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • A Rapsodia Húngara de Miguel Iglesias gaña o II Concurso Nacional de Piano Mestre Soutullo
    A Rapsodia Húngara de Miguel Iglesias gaña o II Concurso Nacional de Piano Mestre Soutullo
  • As voluntarias de Voltea Condado organizan unha nova charla sobre o uso das herbas medicinais
    As voluntarias de Voltea Condado organizan unha nova charla sobre o uso das herbas medicinais
  • Lingua de signos, un paso máis cara unha sociedade máis igualitaria
    Lingua de signos, un paso máis cara unha sociedade máis igualitaria
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas