• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O xulgado suspende a esixencia de empadronamento da Pass Vigo
Veciños da Vaquería propoñen alternativas para solucionar o problema da PO-510
O xuíz cita como investigado a Manuel Carrera
Rumbo a Arxentina para celebrar o Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires
O BNG continúa a súa rolda de xuntanzas coa veciñanza en Cans
Os Penediños de Atios celebran o Día do Libro
A Turre’s Band finalista dos V premios Martín Codax da Música
Burning encabeza o cartel musical do XV do Festival de Cans
Retencións kilométricas na A-55 tras perder una camión a súa carga
200 escolares participarán nas V Xornadas de Educación Vial en Salceda
Ábrese a poxa para adxudicar a cafetería do Centro Social e Cultural de Atios
Bocaselas supera expectativas na súa primeira fin de semana
Vive o Camiño en Mos!
Sergio Bugarín proclamado presidente das Novas Xeracións do Porriño
O Godoy Maceira Porriño cae ás portas da final
Centos de persoas volven esixir en Mos a reanudación das obras da A-55
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo renova a súa Xunta Directiva
13
Febrero

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo renova a súa Xunta Directiva

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Unanimidade na elección da candidatura encabezada polo músico da agrupación Francisco Jesús Represas


A candidatura encabezada por Francisco Jesús Represas Carrera , músico da agrupación, foi elixida por unanimidade o pasado 11 de febreiro de 2017 para xestionar esta Banda de Música Ponteareá durante o período 2017-2020.

 

Acompañan na Xunta Directiva ao Sr. Represas Carrera, os seguintes membros: vicepresidenta, Blanca Represas Alonso, secretaria, María Represas Alonso, tesoureira, Silvia Fernandes Táboas e vogais, Segunda Carrera Iglesias, Ana María Acebedo Varela e Manuel Collazo Francisco. 

 

Tanto a presidencia como a maioría dos novos cargos directivos da Banda de Música Xuvenil de Xinzo (BMXX) recaen por primeira vez en músicos de contrastada traxectoria da propia agrupación musical,  como eixo da nova organización e liñas de traballo que se desenvolverán no seo da agrupación durante os tres próximos anos. 

 

Dende a nova directiva, adiantan que o principal obxectivo no que vertebrarán tódalas súas accións, será o do crecemento cualitativo e cuantitativo da Banda de Música Xuvenil de Xinzo e da súa Escola de Música. Nestes últimos anos a Banda de Música Xuvenil de Xinzo vén de acadar diversos premios e recoñecementos a nivel municipal, provincial e incluso autonómico. En palabras do novo presidente “Agora chega o momento de dar un paso máis na nosa consolidación como unha das bandas máis prestixiosas da provincia de Pontevedra. Pero este crecemento pasa en primeiro lugar por sentar unhas bases de xestión sólidas nos aspectos organizativos, laborais, administrativos e económicos, que permitan enfocar o futuro mais inmediato con completa seguridade. Acompañándose todo isto dun proxecto artístico novidoso, dinámico e ambicioso”.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • Cruz Vermella Xuventude comeza as súas actividades de verán en Ponteareas
    Cruz Vermella Xuventude comeza as súas actividades de verán en Ponteareas
  • A AD Wudang de Ponteareas faise con oito ouros no Campionato Galego
    A AD Wudang de Ponteareas faise con oito ouros no Campionato Galego
  • Multan ao Concello de Ponteareas pola restauración da senda do Tea
    Multan ao Concello de Ponteareas pola restauración da senda do Tea
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas