Imprimir esta páxina
25
Enero

Ponteareas pon en marcha unha campaña para a recollida dos excrementos caninos

A campaña "Ponteareas limpa, é o teu fogar", trata de sensibilizar á cidadanía a que colabore no mantemento dos espazos púlicos nas mellores condicións, chama a atención dos donos dos cans e indica aos veciños en xeral que a presenza de mascotas é benvida e necesaria

O Concello de Ponteareas ven de poñer en marcha a campaña “PONTEAREAS LIMPA, É O TEU FOGAR” para tratar de concienciar sobre os problemas dos excrementos caninos que algúns propietarios dos cans deixan sen recoller nas beirarrúas, parques ou prazas. Estes residuos ofrecen unha imaxe negativa de Ponteareas, ocasionan molestias á cidadanía e entorpecen a limpeza viaria.

 

A campaña chama a atención dos donos dos cans e indica aos veciños en xeral que a presenza de mascotas é benvida e necesaria. “É unha campaña novidosa e imaxinativa na que o propio can é o protagonista e reclama a atención do seu dono para o coidado e hixiene dos lugares públicos”, manifestou o alcalde e responsable de Medio Ambiente, Xosé Represas

 

O obxectivo desta campaña é sensibilizar á cidadanía, dirixida aos veciños en xeral e especialmente a algúns propietarios de cans que aínda non colaboran para manter os espazos públicos nas mellores condicións. Con esta iniciativa, o Concelo de Ponteareas tamén pretende promover a convivencia e o respecto entre todos os veciños e as mascotas.

 

Dende o goberno local lembran que están instalados algúns sanecans (dispensadores de bolsas guante)  para facilitar a hixiene das mascotas nos espazos públicos.

 

Ademais lembrase a obriga dos propietarios de cans da necesidade de rexistralos no censo municipal de animais e de cumprir con todas as súas obrigas.

Valora agora
(0 votos)