- 25. Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño: Ana Cerqueira (4), Alicia Campo (1), Andrea Amarilla, Erica Tavares, Inés Hernández (4), Soraia Lopes (3), Aitana Santomé, Arima López, Alba Dapena (3), Anthia Espiñeira (5), Sarai Samartin (1), Mónica Soares (2), Sandra Fernández (2), Carme Castro, Fátima Ayelén e Estela Carrera.
- 21. Adesal Córdoba: Alba González, Irene García, Armina Isic (4), Camila Bonazzola (1), Malena Guerisoli, Gleinys Reyes (7), Amanda Valero, Estefanía Montos, Lucía Vacas, Agustina López (6), Maura Álvarez, María Ruíz (1), Adriana Chelaru e Andrea Roda (2).
- Marcador cada 5 minutos: 3-2, 5-3, 6-6, 9-10, 11-11, 15-11, DESCANSO, 17-13, 19-16, 21-17, 22-18, 22-19, 25-21.
- Árbitros: A parella arbitral estaba formada por Alejandro Hoz e Axel Riloba. Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron a Inés Hernández, Alba Dapena e Anthia Espiñeira. Por outra banda, do Adesal Córdoba excluíron a Arima Isic, Maura Álvarez e Adriana Chelaru.
- Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 da Liga Guerreiras Iberdrola.
Este sábado, 27 de febreiro, disputouse a xornada 13 da liga Guerreiras Iberdrola. Nela, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño enfrontouse ao Adesal Córdoba nun encontro moi importante para a obtención de puntos de cara a segunda fase da competición.
A primeira parte estivo marcada pola máxima igualdade no marcador. Con todo, as de Ismael Martínez souberon xestionar o segundo tempo ao seu favor e así impoñerse por catro goles ao Adesal Córdoba.
O marcador abriuno Inés Hernández cun magnífico ataque que foi imparable para a defensa andaluza e a partir de aí, o conxunto porriñés empezou a coller bo ritmo. A súa defensa era firme e xunto a unha espectacular Estela Carrera, que foi unha das grandes protagonistas, puxéronlles as cousas realmente difíciles ás visitantes.
Co obxectivo de frear ao Porriño, as cordobesas empezaron a facer cambios defensivos, probando así unha defensa moito máis avanzada. En ataque, Gleinys Reyes, máxima goleadora do partido, tirou do carro andaluz para non deixarse ir do marcador. Así, estas modificacións axudaron ao Adesal Córdoba a empatar no minuto 15 cun 6-6.
Ao ver que as de Rafael Morena empezaron a tomar vantaxe, Ismael Martínez pediu o primeiro tempo morto para buscar que as súas xogadoras reaccionasen. A falta de cinco minutos para o final da primeira parte, o marcador estaba 5-5, pero as porriñesas resolveríano cun gran papel tanto en defensa como en ataque.
Chegou o final do primeiro tempo e o resultado estivo a favor do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño (15-11). Nos minutos finais, o equipo local apertou o seu defensa roubando balóns a un Adesal Córdoba totalmente fóra e aproveitándoos para convertelos en potentes contrataques e facendo un parcial de 4:0. O Córdoba, pola súa banda, víuselle totalmente fóra e sen saber moi ben como xestionar a situación.
A segunda parte non se diferenciou moito dos minutos finais do tempo anterior. Nela, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño sentenciou completamente o encontro.
No primeiros dez minutos, o Adesal Córdoba foi capaz de recortar distancias (19-16), grazas a un novo cambio defensivo no que situarían a Agustina López no avanzado. Ante iso o Porriño, cambiou a un ataque moito máis pausado que analizar mellor as oportunidades que tiña diante.
O Porriño continuou cunha defensa forte e cunha Sarai Samartin no avanzado. Así, este cambio ofreceulles moitos máis contrataques que lles axudaron a manter a diferenza no resultado. Co transcurso dos minutos, o Adesal Córdoba víase máis fóra do partido.
Soou o asubío que marcaría o final do encontro e o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño quedou os dous puntos en casa (25-21). O Adesal Córdoba, a pesar de facer unha boa primeira parte, non puido contra as locais.