O acordo do goberno municipal é que o mercado volva celebrarse con 50% dos vendedores de cada quenda, para asegurar así que se cumplan as distancias de seguridade.
Sergio Casal, concelleiro de mercados, valorou "o resultado da reanudación dun xeito satisfactorio". Considerou "moi positivo que os vendedores ambulantes poidan volver ao traballo e a vila se revitalice de novo" e eloxiou "a colaboración dos vendedores na observación das medidas de seguridade e distancia".