As pescudas levadas a cabo pola Garda Civil revelan que se trataría dun home de aproximadamente 35 anos de idade, que foi atopado semidesnudo no interior do pozo co acceso ao mesmo tapado, o cal indicaría unha posible intención de ocultar o cadaver.
O avanzado estado de descomposición do corpo, que por efecto da auga onde se atopaba sufre do que se coñece como saponificación, dificultan as tarefas de identificación.
A Garda Civil iniciou a investigación como unha posible morte violenta. Na zona traballan neste momento dúas dotacións de bombeiros e efectivos do laboratorio de criminalística inspeccionando o interior e perímetro da parcela onde se atopou o corpo.