A Garda Civil investiga o achado dun cadaver nun pozo no Cerquido, na parroquia porriñesa de Budiño.
Arredor das 18:30 h desta tarde uns particulares alertaban aos servizos de emerxencias de que atoparan o que semellaba un corpo humano no interior dun pozo aledaño a unha nave na que iban a realizar obras. De contado se desprazou ao lugar a Policía Local do Porriño, Garda Civil, Protección Civil do Porriño e efectivos dos Bombeiros do Baixo Miño que foron os encargados de recuperar o corpo do pozo.
Polo de agora descoñécese a identidade do falecido pois, según puido saber este medio, non portaría documentación algunha. A nave, ubicada na PO-2502, levaba tempo en desuso. Neste momento o dispositivo policial, ao que se sumou unha comisión xudicial, continúa no lugar dos feitos.
O pozo no que apareceu o corpo no Cerquido estaba tapado
O corpo atopado no pozo do Porriño corresponde a un varón de 35 anos
Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.
O Son do Louro, ese murmullo de vagar do noso río que acompaña o falar da xente... porque o Val da Louriña ten un espírito de seu, un sentir común, un xeito de facer as cousas.