Así mesmo, o Comité clínico decidiu tamén subir ao nivel máis alto de restricións outros 54 concellos da nosa comunidade autónoma dos que 10 están na área de Vigo.
En canto a área sanitaria de Vigo, márcanse máximas limitacións nos concellos de Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas.
Tras sumar estes 56 concellos, Galicia pasará a ter 116 municipios no nivel máximo de restricións, o que supón un 72% do total da súa poboación.
- Hostalería aberta ata as 18:00 horas. 50% de aforo no exterior
- Agrupacións de máximo 4 persoas
- Peche establecementos comerciais: 21:30 horas
- Restrinxida a mobilidade noctura de 22:00 a 6:00
- Limitacións especiais de mobilidade