Imprimir esta páxina
18
Enero

A alcaldesa do Porriño en cuarentena tras detectarse un positivo no seu equipo

A detección dun positivo por Covid, aínda que asintomático, entre o persoal de confianza da Alcaldía do Porriño, obriga á propia alcaldesa, Eva García, e a outras persoas do seu equipo, a gardar corentena durante dez días, segundo establecen os protocolos.


De xeito que a axenda oficial para hoxe luns 18 cancelouse. A alcaldesa vese na obriga de suspender as reunións presenciais que ía manter hoxe. Unha delas con Andrés Fernández, conselleiro delegado do Grupo Zendal, que fabrica na factoría Biofabri, sita no Porriño, unha das vacinas contra a actual pandemia. A entrevista que se adía está relacionada cos plans de expansión desta firma no Porriño.


Tamén a alcaldesa porriñesa ten que aprazar a visita e reunión que ía manter co empresario Indalecio Cuevas, presidente da entidade urbanística de conservación do polígono da Granxa.


Sen embargo, a alcaldesa manterá parte da súa actividade a través de teletraballo.

Valora agora
(0 votos)