Imprimir esta páxina
13
Enero

Soledad Girón, presidenta da xestora do PSdeG-Psoe no Porriño

A Executiva Provincial aprobou s integrantes dos tres entes de dirección provisional da agrupacións local ata o remate da pandemia de COVID19. Girón Estará acompañada polos concelleiros Lourdes Moure e Sergio Casal

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE aprobou a nova Comisión Xestora encargada de dirixir a agrupación local do Porriño.


A Xestora estará presidida por Soledad Girón Girón (membro do Comité Provincial), acompañada dos concelleiros Lourdes Moure Varela e Sergio Casal Quintas, ademais de Miguel Táboas Sequeiros (membro do Comité Nacional) e Diego Julio de Sa García.

 

O acordo foi adoptado nunha Executiva Provincial celebrada novamente de maneira telemática e na que houbo unha amplísima participación, e inclúe tamén a designación de Luis Piña, secretario provincial de Organización, como colaborador e observador.


O secretario xeral provincial, David Regades, explicou que a Xestora funcionará como órgano de transición, encargado de organizar a asemblea de militantes que dea paso á nova executiva municipal, un proceso que agora mesmo é imposible de abordar por mor das restricións derivadas da pandemia de COVID19. A asemblea, explicou, celebraranse cando as condicións sanitarias o permitan. Regades subliñou que o diálogo presidiu o proceso de designación e agradeceu a colaboración de toda a militancia. “O obxectivo ata que tomen posesión as novas Executivas é dinamizar o partido, garantindo a súa relación coa sociedade, e conducir o proceso de elección das novas direccións locais sempre co respecto á cultura de democracia interna que caracteriza ao socialismo”.


Regades fixo fincapé na tradición de diálogo que existe no PSdeG-PSOE provincial “onde as cousas se falan dentro para fortalecernos e centrar as nosas enerxías en presentar proxectos sólidos á sociedade”.

Modificouse o Miércoles, 13 Enero 2021 09:38
Valora agora
(0 votos)