Dende a organización do festival comunicaron, con "inmensa tristeza e moita dor", esta triste nova.
"Desde que comezou o festival, en Silvino sempre atopamos unha persoa disposta a axudar en todo, desde vir co chimpín ata colocar cada ano as estrelas no Torreiro, co plano sempre curioso, que el deseñaba. Ademáis Silvino, que se axeitaba con todo, tamén fixo as primeiras pantallas para os jalpóns, coa súa maña como carpinteiro", apuntaron. En 2009, o Festival de Cans concedeulle o Chimpín de Prata que recoñece a labor das veciñas e veciños que colaboran no festival e o seu nome permanecerá para sempre na memoria do Muro dos Chimpíns.
Como lles trasladou un dos seus fillos, "o festival era algo moi importante na vida de meu pai".
Silvino era tamén unha persoa moi importante na historia do festival e moi querido por todas e todos os que forman parte da organización. "Xeneroso, bondadoso, afable e persoa moi querida na aldea, Silvino vai deixarnos un baleiro moi grande. Honraremos a memoria de Silvino, como el honrou o Festival de Cans desde a primeira edición", lamentan os organizadores quenes envían aperta e o seu ánimo á súa familia e as persoas mais achegadas.