Un home foi detido por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, nun operativo policial no que se interviñeron varias doses de cocaína e heroína. segundo informou a Policía Local do Porriño.
Os feitos ocorreron o sábado, nas inmediacións da rúa Lugo. Un condutor levantou as sospeitas dunha patrulla policial ao observar unha estraña manobra do vehículo. Realizouse un seguimento solicitando a colaboración doutra patrulla da Policía Local do Porriño e avisando tamén á Policía Local de Mos, xa que se trata dunha zona fronteiriza entre ambos municipios.
Unha vez interceptado o vehículo, procedeuse á procura correspondente co descubrimento de 15 papeis de cocaína e outros dous envoltorios de heroína. O detido de 40 anos foi posto a disposición xudicial.