O grupo farmaceutico Zendal, con sede no Porriño, denunciou ante a Garda Civil unha estafa mediante a suplantación da súa identidade (coa técnica coñecida como phising) en transaccións financieiras da compañía. A propia empresa detectou hai uns días esa suplantación de identidade, mediante a cal unha persoa allea á empresa se fixo pasar por un responsable da mesma ordenando ao xefe financieiro da entidade unha serie de transferencias por valor de máis de 9 millóns de euros.
Tan pronto se detectou este delito, a empresa o puxo en coñecemento da Garda Civil e na actualidade hai unha investigación aberta.
Con todo dende a farmaceutica sinalan que o grupo segue a traballar con normalidade en todos os seus proxectos, entre os que destaca produción da vacina contra a Covid-19.