Un operario faleceu esta tarde tras sufrir un accidente laboral nunha empresa do Porriño, concretamente no asentado no polígono na PO-510, na parroquia de Atios. O fatal suceso tivo lugar pouco antes das 16 h, cando un compañeiro da vítima alertou de que recibira un forte golpe mentres traballaba.
De inmediato se mobilizou unha ambulancia do 061 que tan so puido certificar a morte do traballador. Acudiron ao lugar dos feitos tamén Policía Local, Garda Civil e Protección Civil do Porriño.
Este é o cuarto accidente laboral que se cobra unha vida no Porriño no que vai de ano.