O pleno da corporación deixou hoxe sobre mesa a proposta de crédito extraordinario que o Goberno Municipal do Porriño presentaba por importe de máis de 2,5 millóns de euros para dotar de partida un futuro recoñecemento de facturas pendentes de pago dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019.
Nunha sesión que o executivo decidiu celebrar a porta cerrada e que non foi retransmitida a través de ningunha plataforma a tensión se fixo notar, EU SON Porriño pediu a dimisión da Alcaldesa pola xestión económica e respaldou a proposta do Partido Popular de deixar sobre a mesa o punto e reclamar que o Goberno Municipal inicie o expediente de tramitación da totalidade da facturación pendente de pago, revisando cada factura e o procedemento que se seguiu para a súa contratación.
"Pedimos que asuma a súa responsabilidade política, a dimisión da responsable da xestión económica que nos leva ata aquí", sinalou Pedro Ocampo. "A pasada lexislatura todos os grupos da oposición denunciamos que isto pasaba todos os límites e nós mantemos a mesma postura".
"Queremos que se asuman responsabilidades e que se aborde nunha comisión como temos que tratar a totalidade da facturación. Detectamos que hai facturas sin contrato de ningún tipo, facturas empresas con administracións e apoderados coincidentes ainda que teñan diferente denominación, fraccionamentos, facturas con días consecutivos... é dicir, a xestión que nos leva aquí fainos pedir responsabilidade. Esto non pode ser tras cinco anos de xestión", concluíu, "isto non é normal".
Ocampo refrendaba así o que os populares veñen denunciando hai tempo.
A proposta para pago limitabase a 2,5 millóns de euros omitindo que o montante total pendente de pago incluído na conta 413 ronda os 5 millóns de euros. O Porriño debe máis de 6,7 millóns de euros pechado o primeiro trimestre de 2020.
O portavoz dos populares, Alejandro Lorenzo, que dende hai tempo denuncia esta situación, insistiu en que "non hai intención algunha por parte do executivo nin dos grupos que o apoian de esclarecer o que está a suceder coa contabilidade municipal. Levamos anos denunciando que hai indicios que apuntan a que poderíamos estar frente a pagos por traballos que xamais se realizaron ou pagando máis do establecido", explicou, "Isto é obxecto de investigación xudicial e foi advertido en numerosas ocasións por técnicos municipais, pero o Goberno Municipal e os seus socios insisten en ocultar ao pobo esta realidade. Nós non imos ser cómplices".
Tal e como veñen denunciando dende o PP "falamos de facturación contratada de maneira verbal, directamente coas empresas, sen aterse en ningún momento ao procedemento de contratación pública que se fixo desaparecer da contabilidade municipal sen dar ningunha explicación dos motivos polos que se rexeitou, nin ter realizado procedemento algún para o seu pago ou desestimación".
O Secretario Municipal na comisión informativa ante os representantes de todos os grupos municipais, o Pleno ten a obriga de tomar unha decisión sobre toda a facturación pendente de pago. O técnico advertiu o que o grupo dos populares levan advertindo de maneira reiterada os últimos anos, que as facturas que son rexeitadas xeran intereses, responsabilidade patrimonial e un dano á facenda municipal.
"Insisten en descargar a súa responsabilidade no pleno para evitar que se revisen as contratacións", sinala Lorenzo, "Estamos ante facturas nulas de pleno dereito que non seguiron fiscalización algunha, por iso insistimos en que se valore a revisión de oficio de toda a facturación que persigue e garante que non se abonen excesos e sobrecustes que só obedecen á sistemática conduta do Goberno Municipal de realizar contratacións irregulares. Pretenden que consintamos que se pague máis do que corresponde e, de permitilo, estaríamos consentido unha posible malversación de fondos públicos".
Cabe destacar, que o proceder do executivo "non respecta a prelación de pagos e por tanto, está expoñendo á facenda municipal a ter que facer frente, a maiores, a posibles sancións".
"É necesario esclarecer dunha vez por todas a situación totalmente ilegal, anómala e irregular da contratación deste concello que ademais está causando un grave quebranto á facenda pública e un endebedamento desorbitado", conclúe Lorenzo, "O Porriño ten pendente de pago máis de 6,7 millóns de euros, notificado polo Ministerio de Facenda no primeiro trimestre deste ano, e estamos entre os tres concellos que máis debe e máis tarda en pagar a provedores de toda Galicia. Xa basta".